martes, 22 de enero de 2013

Repaso de fracciones


Repaso (1ª Avaliación)

PROBLEMAS DE FRACCIÓNS

1.      Unha sandía que pesa 10 kg contén 24/25 de auga, ¿Cantos kg pesa a auga da sandía?.
2.      Os xamóns perden aproximadamente 1/5 do seu peso no proceso de curación. Se colocamos a curar xamóns cun   peso total de 2 000 kg, ¿cal será o peso dos xamóns despois da curación?.
3.      Nun caderno de actividades hai 36 exercicios. Se levas feitos os 5/9, ¿cantos exercicios che quedan por resolver?.
4.     Se a túa paga semanal é de 15 euros e gastaches os 3/5, ¿cantos euros aforraches?.
5.      Miguel perdeu 12 canicas. Se éstas son os 4/7 do total, ¿cantas canicas tiña Miguel?.
6.     Botáronse nunha piscina 3 600 l de auga, que representan os 3/10 do total. ¿Cantos litros collen na piscina?.
7.     Ramón quere repartir 2oo caramelos entre os seus amigos. A Estebo dalle 2/5 do total, a Miguel 3/8 do total e a Xosé o resto. ¿Cantos caramelos recibe cada un?.
8.      Dun almacén de cebolas sacamos primeiro 1/8 do total, despois 1/5 do total e por último 1/9 do total, ¿qué fracción de cebolas queda no almacén?.
9.      Andrea fixo galletas. Apartou dous tercios das galletas para darllas á súa nai, regaloulle a cuarta parte das que quedaban á súa amiga Felisa. Por fin gardou as quince galletas restantes para si mesma. ¿Cantas galletas fixo?.



Pensa ben estes problemas que veñen a continuación:

10.  Nunha festa os 2/3 dos homes están bailando cos 3/4 das mulleres. ¿Cal é a fracción de persoas que non bailan?.
11.  Un pai repartiu entre os seus fillos un rebaño de ovellas. O maior levou unha ovella máis 1/7 das que quedaban. O segundo levou dúas ovellas máis 1/7 das que quedaban, o terceiro levou tres ovellas máis 1/7 das que quedaban e así sucesivamente ata o máis pequeño. Todos recibiron o mesmo número de ovellas e non sobrou ningunha ovella. ¿Cantos eran os fillos e cantas as ovellas?.

No hay comentarios:

Publicar un comentario