Repaso (1ª Avaliación)
PROBLEMAS DE FRACCIÓNS
1.
Unha
sandía que pesa 10 kg contén 24/25 de auga, ¿Cantos kg pesa a auga da sandía?.
2.
Os
xamóns perden aproximadamente 1/5 do seu peso no proceso de curación. Se
colocamos a curar xamóns cun peso total
de 2 000 kg, ¿cal será o peso dos xamóns despois da curación?.
3.
Nun
caderno de actividades hai 36 exercicios. Se levas feitos os 5/9, ¿cantos
exercicios che quedan por resolver?.
4.
Se
a túa paga semanal é de 15 euros e gastaches os 3/5, ¿cantos euros aforraches?.
5.
Miguel
perdeu 12 canicas. Se éstas son os 4/7 do total, ¿cantas canicas tiña Miguel?.
6.
Botáronse
nunha piscina 3 600 l de auga, que representan os 3/10 do total. ¿Cantos litros
collen na piscina?.
7.
Ramón
quere repartir 2oo caramelos entre os seus amigos. A Estebo dalle 2/5 do total,
a Miguel 3/8 do total e a Xosé o resto. ¿Cantos caramelos recibe cada un?.
8.
Dun
almacén de cebolas sacamos primeiro 1/8 do total, despois 1/5 do total e por
último 1/9 do total, ¿qué fracción de cebolas queda no almacén?.
9.
Andrea
fixo galletas. Apartou dous tercios das galletas para darllas á súa nai,
regaloulle a cuarta parte das que quedaban á súa amiga Felisa. Por fin gardou
as quince galletas restantes para si mesma. ¿Cantas galletas fixo?.
Pensa
ben estes problemas que veñen a continuación:
10.
Nunha
festa os 2/3 dos homes están bailando cos 3/4 das mulleres. ¿Cal é a fracción
de persoas que non bailan?.
11.
Un
pai repartiu entre os seus fillos un rebaño de ovellas. O maior levou unha
ovella máis 1/7 das que quedaban. O segundo levou dúas ovellas máis 1/7 das que
quedaban, o terceiro levou tres ovellas máis 1/7 das que quedaban e así
sucesivamente ata o máis pequeño. Todos recibiron o mesmo número de ovellas e
non sobrou ningunha ovella. ¿Cantos eran os fillos e cantas as ovellas?.